Todos deberíamos tomarnos un día, só para nós, dende que sae o sol ata que se pon.
Para nós e para a nosa mente, para nós e para as nosas dubidas, as nosas preocupacións, os nosos sentimentos. Para nós o fin e o cabo, sen influencia de ninguén máis. Para estudar detidamente que é iso que nos preocupa, esas cousas que sentimos, esas inquietudes que abarca o noso corazón e a nosa cabeza.
Senta, pensa, analiza e decide, que é o que realmente importa. Descubrirás que nada e tan malo como parece, que nada pode destruirche se ti non queres. Descubrirás que fronte eses problemas, hai multitude de cousas positivas. Descubrirás que cada unha das cousas que che preocupa, che aporta algo positivo, che ensina algo.
Debemos aprender a deixar ir os problemas río abaixo, que bañen as costas e rías nas que aqueles que buscan desinhibirse se bañan. Que a auga doce ou salgada os afogue. Que os leve o mar ou o río.
Só se iran se queres deixalos ir, se o desexas con forza.
Colle dos problemas o que che ensinan, colle deles a parte positiva, e deixa que a negativa afogue, deixa que nade a contracorrente ata que nada quede dela.
Cun día para ti, para ti e para a túa mente, para tí e para as túas dubidas, as tuas preocupacións, os teus sentimentos, descubrirás que ninguén che aconsella tan ben coma ti mesmo, que ninguén che entende tan ben coma ti mesmo, que ninguén che axuda tanto como ti a ti mesmo.
Respiro o aire fresco e puro, mollo os pés no Río Donas, ese que gardou e afogou miles e millóns de preocupacións miñas, preocupacións que só eu e o Donas coñecemos algún día.

eses días son os mellores, un día para disfrutar sen preocupacións, é o mellor regalo que nos poden ofrecer.
ResponderEliminarsó preocuparnos de ser felices :)
Y tienes ese día para ti sola y los árboles te susurran...
ResponderEliminar...Sólo queda una vela, encendida en medio de la tarta y se quiere consumir, ya se van los invitados, tú y yo nos miramos sin saber bien que decir, nada que descubra lo que siento, que este día fue perfecto y me siento tan feliz...
(L)
Amaral acompañaranos sempre. Da o mismo unha noite de festa que un día de filosofía :)
Eliminar