Non me asusta avanzar, non me asuta que as cousas cambien, porque de non ser así estariamos estancados, e eso é o último que quero.
Rutina.
Durante moito tempo vivín sumida nunha rutina que non me facía infeliz, pero a pregunta é: era feliz así?
Non recordo cal é a resposta. Supoño que non tiña que pensar demasiado, que as cousas sempre eran como "debian ser", que me comportaba como "debia de comportarme", que sentía o que "debia sentir". Pero a rutina non deixa que vivas todos os dias da túa vida.
Todo é diferente agora, ningún día se parece ó anterior, e eu sigo queixandome.
Por que non podo encontrar un término medio? Por que non consigo un equilibrio?
Necesito poder repirar rápido, forte, que me lata o corazón e que o sinta latexar no peito, pero o mesmo tempo non perder o alento e ter que sentarme a recuperalo para poder seguir.
Non entendo por que agora teño que estar tirada neste chan mollado, no medio da noite sen unha gota de aire que resulte suficiente e co corazón latexando na boca, desangrado.