Teño un don para meterme en problemas, ou polo menos, eso parece últimamente.
Saio dun, e metome noutro, que lonxe de ser peor que o anterior, carcomeme por dentro como se realmente fose algo terrible.
E todo isto faime pensar, pensar en min, en como son realente. Estoume enganando a min mesma considerandome unha boa amiga? Ata agora, iso era o que máis apreciaba de min mesma. Sempre pensei que como iso non tiña perda, pero...e se me equivocaba? E se non son tan boa amiga como pensaba? E se son realmente pésima nese ámbito...e entón, se é asi, que me queda?
Unha absurda sentimental, sempre cos nervios a flor de pel e coa cabeza chea de cousas, que non me axudan a avanzar, que non me deixan avanzar.
Sí, iso é o que son. Son un sentimento confuso que nin eu entendo,sempre co corazón encollido, sempre cun nó na gorxa, sempre coas vagoas nos ollos...
E non souben nin sei aprezar o que me rodea, esta vida maravillosa chea de amigos incribles, cheo de xente que me quere, cheo de posibilidades que boto a perder pola borda sen darme de conta de que non se repetirán.
E todo por non saber non pensar. Todo por este sentimento que me acompañará sempre. Todo por ese non saber vivir soa, e comigo.

Todos cometemos errores algunha vez, pero eso non significa que sexamos malas personas.
ResponderEliminarDos errores é do que se aprende.