Seguidores

sábado, 7 de julio de 2012

Egoismo

-Mira cantas bolboretas! son preciosas. Danche ganas de collelas na man, acaricialas, tocar esas ás coloridas, sentir como revolotean na tua man, sentir...como se retorcen, como intentan escapar, ser libres de novo. Queren seguir andando polo mundo ó seu antollo.Xamais. Agora es miña, bolboreta. Es para min. Por que non queres quedar ó meu carón? Acaso eu non che deixo aprezar as mellores flores?
-Soltaa! deixaa ir! se che gusta tanto, se a súa beleza é tal, non deberia poder ser compartida co resto do mundo? É da natureza, xamáis túa. A natureza creouna, para ti, para min, para todos.
-Por que habia facer algo así? coma esta hai máis. Á natureza quedanlle abondas. Queroa. Quero que sea miña, quero que o mundo saiba que é miña.
-Con que fin? Querela para ti para gozar unicamente ti da súa beleza?das suas cores quizais? quereslla ensinar ó mundo na tua man? queres que o mundo vexa que posees cousas belas? queres que o mundo vexa que ninguen máis a vai ter? queres exclusividade?o que queres é ser egoísta por propia inseguridade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario