Seguidores
sábado, 14 de abril de 2012
"Cine Americano"
A estas alturas da película xa nada ten sentido.
Ninguén ten a culpa, e ninguén está libre dela.
Todo se presenta confuso e inviable.
Non parece ter sentido intentar reparar os erros que se cometeron atrás, porque reparalos sería volver a cometer os mesmos unha e outra vez.
É un ciclo vicioso do que non podo escapar, porque se pecha en canto as miñas expectativas de futuro se abren.
Non hai unha solución específica, non hai motivos, non hai futuro...pero hai algo etéreo que parece poder con calquera non.
Erro de novo. Seino. Non sei se me importa.
A estas alturas da película xa non pido que teña un final feliz, pero, polo menos, que non acabe en sangría humana...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

mmmm...ya, seguro que siempre hay una salida sin tener que provocar una sangría humna, y a vces es la más feliz a largo plazo aunque nos duela.
ResponderEliminar;)